Novas

domingo, 08 de novembro de 2020

O Concello solicita á Xunta colaboración para revisar a sinal de TDT en San Xurxo, A Bailadora e Montecoruto

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, enviou unha carta á Secretaría Xeral de Medios do goberno autonómico o pasado venres para buscar entre ambas administracións unha solución ás deficiencias na recepción da sinal no rural


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Urbanismo e Infraestruturas, da que é titular Julián Reina, vén de solicitar á Xunta colaboración para abordar as deficiencias que presenta a sinal de TDT na zona rural. Despois de que o goberno autonómico puxera en marcha unha serie de actuacións nos centros de extensión de cobertura con motivo da liberación do dividendo dixital, en concreto en San Xurxo, A Bailadora e Montecoruto, os veciños de ditas zonas están a presentar reclamacións ante o Concello de Ferrol porque non ven determinados canais ou os ven con interferencias. 


É por iso polo que a concellería que dirixe Reina enviou o pasado venres unha carta á Secretaría Xeral de Medios da Xunta solicitando a “necesaria colaboración” entre ambas administracións para revisar a sinal dos lugares afectados. “Nos preocupa especialmente este asunto, máis aínda ante a situación sanitaria que estamos a vivir, na que os nosos veciños pasan máis tempo nas súas vivendas”, explicou o edil, polo que espera que nos próximos días “podamos dar solución a un problema que está afectando a quen reside na zona rural”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar