Novas

luns, 09 de novembro de 2020

O Concello iniciou esta mañá o reparto das 1.600 máscaras protectoras destinadas a menores vulnerables

A concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, entregará 1.300 aos preto de 650 pequenos beneficiarios das axudas á escolarización que cada ano outorga o Concello de Ferrol para afrontar os gastos do inicio do curso, mentres que o resto se distribúen nas catro unidades básicas municipais


O Concello iniciou esta mañá o reparto das 1.600 máscaras protectoras destinadas a menores vulnerables

O Concello de Ferrol iniciou esta mañá o reparto de 1.600 máscaras protectoras entre menores vulnerables da cidade. Estanse a distribuír dúas por cada un dos 650 beneficiarios das axudas á escolarización que cada ano outorga o Concello de Ferrol para afrontar os gastos do inicio do curso escolar e o resto entregaranse nas catro unidades básicas dos servizos sociais municipais. 


A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, recibiu esta mañá os equipos de protección e xa se repartiron as primeiras unidades no Edificio Social (Sánchez Barcáiztegui, 35). Trátase de máscaras protectoras de tela, homologadas e reutilizables para ata 60 lavados. 

A edil indicou que esta iniciativa forma parte do “gran esforzo” que o Concello está a facer co “único fin de protexer á poboación” ao tempo que “frear a expansión da covid-19”. Neste punto Martínez Montero lembrou que as axudas municipais á escolarización para a adquisición de material escolar e deportivo, por un importe de 95 euros por neno, incluíron tamén a posibilidade de mercar máscaras protectoras e xel hidroalcohólico.

17.000 máscaras para todos os escolares de ensino obrigatorio e bacharelato
 O Concello, ademáis de entregar EPI a menores vulnerables, xa completou a entrega de 17.000 máscaras protectoras a todos os centros de ensino obrigatorio e bacharelato da cidade. O material forneceuno a Subdelegación do Goberno para destinalo, a través dos voluntarios de Protección Civil, aos escolares da cidade matriculados nalgún dos colexios de Ferrol: os dez centros de infantil e primaria (CEIP) da cidade —A Laxe Valón, Cruceiro de Canido, Esteiro, Isaac Peral, Juan de Lángara, Manuel Masdías, Pazos, Ponzos, Recimil e San Xoán de Filgueira—, os oito institutos de educación secundaria (IES) —Canido, Catabois, Concepción Arenal, Ferrol Vello, Leixa, Carvalho Calero, Saturnino Montojo e Sofía Casanova— e todos os centros concertados de Ferrol —Belén, Compañía de María, Cristo Rey, Jesús Maestro, La Salle, Lestonnac, Ludy, Sagrado Corazón, San Rosendo, Tirso de Molina e Valle Inclán—. O concelleiro de Educación, Antonio Golpe, indicou que os equipos de protección individual repartidos entre os centros supón material “de reposto” para afrontar situacións “que poidan xurdir no día a día”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar