Novas

martes, 10 de novembro de 2020

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en seis obradoiros virtuais de balde promovidos pola concellería de Xuventude

A concelleira da área explicou que as persoas interesadas na programación de balde poden anotarse ata o día 15 en https://www.ferrol.gal/Sede/XuventudeOnline. Inclúe talleres sobre radio online, deseño de videoxogos, instagramers e tiktok, youtubers, creación de cómic online e curtas co móbil


A concelleira de Xuventude, Cristina Prados, indicou que xa está aberto o prazo de inscrición para participar nos seis obradoiros virtuais de balde promovidos polo departamento que dirixe. As persoas interesadas poden anotarse ata o día 15 incluído a través do formulario que se atopa na web municipal https://www.ferrol.gal/Sede/XuventudeOnline. A programación está dirixida á xente nova de entre 14 e 30 anos empadroada en Ferrol, que recibirá un diploma de participación. 


O primeiro obradoiro é de radio online, de 27 horas de duración entre mércores e sábados, que permitirá coñecer todos os detalles de cara a crear dende cero un podcast ou radio dixital. O segundo será sobre deseño de videoxogos, de 45 horas. Os participantes practicarán con diferentes ferramentas ata levar a cabo un pequeno proxecto propio a partir dunha idea propia. O terceiro obradoiro, de 27 horas de duración, está dirixido ás persoas que desexen obter máis partido ás súas redes sociais, como Instagram e Tiktok.

O cuarto obradoiro será para aprender a xestionar un canle de Youtube de xeito profesional, abordando tanto cuestións técnicas como de contido en 27 horas. 

Tamén poderase participar no obradoiro de 27 horas sobre creación de cómic online a partir dos formatos máis actuais do sector e, por último, o obradoiro sobre curtas co móbil ofrecerá aos participantes ao longo de 27 horas técnicas básicas de realización, cámara e iluminación para aprender a facer curtametraxes. 


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar