Novas

sábado, 14 de novembro de 2020

A Oficina de Voluntariado duplica o número de membros desde a súa reactivación a finais de setembro

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou que xa son máis de 40 os voluntarios e lembrou a aposta do Concello por contar cun equipo “formado e de calidade”, polo que no último trimestre de ano se están a celebrar varios cursos formativos


A Oficina de Voluntariado duplica o número de membros desde a súa reactivación a finais de setembro

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou hoxe que a Oficina de Voluntariado de Ferrol conta xa con máis de 40 membros, case o dobre desde a súa reactivación, a finais de setembro. A edil mostrouse “moi satisfeita” posto que cada semana, dixo, “recibimos varias altas e numerosas chamadas de persoas interesadas en formar parte deste proxecto”. 


Martínez Montero anunciou que despois de rematar o curso básico de formación hai unhas semanas, a finais deste mesmo mes impartirase outro sobre manipulación de alimentos para ao redor de 10 membros. O obxectivo, lembrou, é contar cun “voluntariado formado e de calidade co fin de ofrecer o mellor servizo posible aos nosos veciños”, e dita formación está a impartila o propio Concello. Para o mes de decembro hai programado outro ciclo sobre formación especializada. Día Internacional do Voluntariado A responsable de Benestar Social tamén indicou que o seu departamento xa traballa na programación de cara ao 

Día Internacional do Voluntariado do próximo 5 de decembro
A celebración será o día anterior e contará coa colaboración da Universidade a través da súa oficina de voluntariado e con representantes de diferentes entidades sociais da cidade. Martínez Montero engadiu que a concellería está a traballar en outros programas de cara a promover o traballo dos voluntarios. Os interesados en participar poden inscribirse chamando ao número de teléfono 981 944 235 ou enviando un mail a voluntariado@ferrol.es.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar