Novas

luns, 16 de novembro de 2020

O Concello hixieniza con solución desinfectante os accesos a todos os centros de ensino obrigatorio e bacharelato

A concelleira de Servizos, Ana Lamas, indicou que os traballos se desenvolven a diario desde o inicio do curso escolar co fin de “seguir loitando” contra a propagación da covid-19 entre a poboación. As intervencións inclúen tamén tarefas de desinfección de marquesiñas e contedores de lixo das inmediacións


O Concello hixieniza con solución desinfectante os accesos a todos os centros de ensino obrigatorio e bacharelato

O Concello de Ferrol hixieniza con solución desinfectante os accesos a todos os centros de ensino obrigatorio e bacharelato da cidade, tanto públicos como concertados, desde o inicio do curso escolar. 


Tal e como explicou a edil de Servizos, Ana Lamas, efectivos da súa concellería desenvolven a diario a primeira hora da mañá tarefas de desinfección nas inmediacións de colexios e institutos co fin de “seguir loitando” contra a propagación da covid-19 entre “a nosa poboación, neste caso entre os menores que cada día acoden ao seu centro de ensino”. As intervencións inclúen tamén a hixienización das marquesiñas de autobuses e dos contedores de lixo. 

Lamas explicou que do mesmo xeito o seu departamento leva a cabo labores de baldeo nos barrios da cidade, tamén con solución desinfectante. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar