Novas

mércores, 18 de novembro de 2020

O Concello repartirá 130.000 euros entre 32 entidades deportivas a través das subvencións de libre concorrencia

O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, presidiu a comisión de valoración das solicitudes presentadas ao proceso de subvencións. Tivéronse en conta criterios como a participación, a representatividade no sector, o nivel de sustentabilidade do proxecto e as iniciativas á promoción da práctica deportiva


O Concello repartirá 130.000 euros entre 32 entidades deportivas a través das subvencións de libre concorrencia

O Concello de Ferrol vai repartir un total de 130.000 euros a través das subvencións de libre concorrencia a un total de 32 entidades deportivas da cidade, tal e como anunciou o concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, tras presidir a comisión de valoración das solicitudes presentadas ao programa de subvencións a clubs e entidades deportivas municipais para o fomento e promoción do deporte para o presente ano 2020. O edil trasladou ao resto de grupos os criterios polos que se adxudicaron as subvencións para este exercicio, ao que os representantes da oposición se mostraron conformes. 


Valorouse a participación, é dicir, o nivel de cobertura poboacional; a representatividade no sector; o nivel de sustentabilidade do proxecto e, por último, as iniciativas destinadas á promoción e dinamización da práctica deportiva. Tamén tívose en conta o proxecto económico presentado por cada entidade. 

Golpe explicou ao rematar a comisión de valoración que o fin do Concello é “contribuír na medida das súas posibilidades ao fomento do deporte, máis aínda nunha situación tan complicada como a que estamos a vivir”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar