xoves, 19 de novembro de 2020
O Concello dotará dunha tablet aos menores vulnerables que carezan de medios para continuar coa súa formación no fogar no caso de confinamento puntual
A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, presentou esta mañá a edición do Premio Solidario Cidade de Ferrol 2020, que este ano homenaxeará a todas as entidades sociais polo o seu labor durante a pandemia. A contía do premio se destinará ao programa social municipal ‘En rede na casa’, que prestará un total de 10 dispositivos electrónicos aos escolares que deban permanecer nas súas vivendas por resultar positivos o ter contactos estreitos co virus e non dispoñan de medios dixitais para desenvolver as súas tarefas

O Premio Solidario Cidade de Ferrol 2020 será para todas as entidades sociais da cidade polo seu labor durante a pandemia, tal e como trasladou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, durante a comisión de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico. A edil explicou que este año excepcional, coa “irrupción da covid-19”, o goberno local estimou oportuno “recoñecer a todo o persoal das entidades sociais a súa implicación coa sociedade ferrolá en medio dunha terrible situación”. Tal e como explicou a responsable municipal, o virus obstaculizou gran parte da actividade das asociacións “e tiveron que facer un gran esforzo para seguir acompañando aos seus usuarios”.