Novas

venres, 20 de novembro de 2020

Concello e Deputación estreitan liñas de colaboración en materia de Igualdade

A concelleira responsable da área, Cristina Prados, reuniuse esta mañá coa deputada provincial María Muíño para abordar de forma conxunta campañas como a do 25N A edil, que destacou a “boa disposición” da responsable provincial, lembrou que este ano o Concello participa na campaña da Deputación contra a violencia de xénero. A responsable municipal propuxo medidas de conciliación que Muíño se comprometeu a estudar


Concello e Deputación estreitan liñas de colaboración en materia de Igualdade

O Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña estreitarán liñas de colaboración en material de Igualdade co fin de “optimizar os recursos” de ambas administracións, tal e como explicou a concelleira da área, Cristina Prados, tras manter esta mañá unha reunión de traballo na Casa da Muller de Ferrol coa deputada provincial e responsable de Igualdade María Muíño. 


Abordaron asuntos como o convenio sobre o mantemento xeral da Casa de Acollida da cidade e a campaña prevista de cara ao 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste punto a edil lembrou que ademais da deseñada polo Concello, este ano Ferrol súmase á provincial, que terá como lema ‘So hai unha forma de mirala, De Fronte, á violencia de xénero’. Participan máis de 50 municipios co fin de mobilizar á sociedade a través de actividades telemáticas. Prados e Muíño valoraron outras propostas de coordinación entre ambas Administracións co fin de contribuír á loita contra a violencia de xénero e tamén para avanzar en materia de igualdade. 

Ademais, a concelleira Prados propuxo á responsable provincial varias liñas de traballo orientadas á posta en marcha de medidas de conciliación que Muíño se comprometeu a estudar. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar