Novas

venres, 20 de novembro de 2020

María Teresa Deus entregou os premios aos clientes gañadores nos sorteos da promoción municipal do comercio local no marco do programa ‘Ferrol Cidade Viva’

A concelleira de Promoción Económica, Economía e Facenda percorreu esta mañá catro dos locais participantes na iniciativa para repartir tres Apple Watch e un iPhone SE. A responsable municipal explicou que a campaña perseguiu o fin de “incentivar as compras” ao tempo que “dar a coñecer a calidade dos noso tecido comercial e hostaleiro”


María Teresa Deus entregou os premios aos clientes gañadores nos sorteos da promoción municipal do comercio local no marco do programa ‘Ferrol Cidade Viva’

A concelleira de Promoción Económica, Economía e Facenda, María Teresa Deus, entregou esta mañá os catro premios da promoción municipal do comercio local que puxo en marcha o Concello de Ferrol no marco do programa ‘Ferrol, Cidade Viva’, unha iniciativa que naceu co obxectivo de dinamizar o comercio e a hostalería local e que inclúe tres fases: formación aos emprendedores, asesoramento individualizado e a mencionada promoción do comercio que vén de rematar. Con ela o Concello quixo “captar clientes e incentivar as compras” ao tempo que “dar a coñecer a calidade do noso tecido comercial e hostaleiro”. 


A promoción sorteou tres Apple Watch entre os compradores que descargaron a aplicación D’ compras por Ferrol. Esta mañá a concelleira entregoullos aos premiados en establecementos nos que mercaron: a Joyería Rosende (rúa da Magdalena, 116), Enérxica (rúa Real, 194) e Frutería Plaza (rúa Nova de Caranza, 94). A edil tamén entregou un iPhone SE á persoa que máis mercou no establecemento que maior número de operacións rexistrou durante a campaña, a Óptica Callao (praza do Callao, 25). 

Próximas promocións 
Tras entregar os catro premios e felicitar tanto aos premiados como aos responsables dos establecementos participantes na campaña municipal, a concelleira mostrouse “moi satisfeita” pola “boa acollida” da iniciativa entre o tecido económico da cidade e anunciou que a súa concellería estuda xa a posta en marcha de novas promocións do comercio e a hostaleira local. “En Ferrol temos bos produtos e grandes emprendedores, e desde o Concello queremos poñer todos os nosos medios para animar aos veciños a facer as súas compras nos locais de proximidade e deste modo estimular entre todos a economía da nosa cidade”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar