O Concello de Ferrol colabora coa asociación
multisectorial Ultramar Village na nova edición da campaña ‘Déixate querer por
Ultramar’, unha iniciativa que forma parte das actividades subvencionadas para a
reactivación do tecido económico da cidade no marco do programa municipal ‘Ferrol,
Cidade Viva’.
A promoción consiste no sorteo de vales de compra por valor de 5.350 euros entre a
clientela dos establecementos que integran a asociación. Para participar é necesario
facer un gasto en calquera deles —tanto de comercio como de hostalería— entre o 27 de
novembro e o 20 de decembro (ambos incluídos). Ata 20 euros de gasto suporá unha
participación, de 20 a 50 euros se lograrán dúas e con máis de 50 euros se lograrán tres.
Cada un dos 30 locais participantes sorteará un vale de 150 euros entre a súa propia
clientela para trocar no propio local. Ademais, haberá un súper vale de 1.000 euros que se sorteará entre todas as persoas participantes na campaña e que deberá ser trocado nun
mínimo de cinco asociados.
Unha trintena de negocios participantes
A listaxe completa de participantes pode consultarse en
http://bit.ly/UltramarVillageAsociados. Son AK Anukas Beleza e Sol, Algodón Azul,
Casa Juan, Cassa Interiorismo, Decoraciones JP, Empatía Hair & Beauty, Federópticos
Begoña Lorenzo, Frutería La Plaza, Gimnasio Bitácora, Kids & Us School of English,
La Hamburguesería de Ultramar, La Pelu de Beti, Librería Ultramar, Loureda Joven, M
y D Asesores de imagen, Mesón A Canfurnada, Mesón Alfonso, Mesón Mateo, Mesón
O Pazo, Imprenta Mundograf, Neumáticos Ultramar, Pastelería e Cafetería Valencia,
Peluquería Antares, Peluquería Ethereal, Peluquería Nova, Penda's 130, Puro Gusto,
Taberna O Trisquel, UXA Moda e Vintage Café.
Unha liña de axudas de 150.000 euros
O programa deseñado polo Concello de Ferrol ‘Ferrol Cidade Viva’ contemplou para
este ano unha liña de subvencións para impulsar este tipo de actividades co fin de de
reactivar o tecido económico da cidade. O importe total das axudas ascendeu a 150.000
euros, dos que cada entidade optou a un máximo de 25.000 para cubrir ata o 80 % do
orzamento dos gastos subvencionables.