O Concello abriu hoxe o prazo de inscrición no
encontro virtual polo Día Internacional do Voluntariado, que terá lugar o 4 de decembro
a partir das 10.30 horas. Trátase dunha actividade impulsada pola concellería de
Benestar Social, da que é titular Eva Martínez Montero, co fin de abordar o actual
panorama do voluntariado desde diferentes perspectivas.
A edil e a vicerreitora do campus de Ferrol, María Jesús Movilla, serán as encargadas de
inaugurar a xornada, para dar a súa visión do traballo desenvolvido polo colectivo tanto
no Concello como na Universidade. A continuación intervirán representantes
voluntarios das entidades ASCM, Cáritas, Xeración e das oficinas de voluntariado do
campus de Ferrol e do Concello. A inscrición, de balde, pode facerse desde hoxe ata o 2
de decembro incluído a través do enlace https://bit.ly/2UZyUfp e o programa pode
consultarse en https://bit.ly/3nN04CC.
Prosigue a formación “de calidade” dos voluntarios da oficina municipal
Desde a reactivación da Oficina de Voluntariado do Concello de Ferrol, a finais de
setembro, a concellería de Benestar Social apostou por ofrecer aos seus membros unha
“formación de calidade” tanto básica como especializada, tal e como lembra a
concelleira. Neste senso a edil sinala que o Concello de Ferrol “aposta de forma
decidida ofrecer o mellor servizo posible aos nosos veciños, e dita formación impartiraa
o propio Concello”.
Desde entón o Concello ofreceu varios cursos de formación, e o seguinte terá lugar este
mesmo venres, 27 de novembro, de 16:30 a 20:30 sobre Hixiene Alimentaria —antiga
Manipulación de Alimentos—, no salón de actos do Edificio Social. Participarán 12
persoas e impartiralo Francisco José Teijido López, xefe do departamento de Sanidade
del IES Leixa Ferrol.
A Oficina de Voluntariado do Concello conta xa con medio centenar de membros. As
persoas interesadas poden inscribirse en https://www.ferrol.gal/Shared/Contidos/89.