Novas

luns, 04 de xaneiro de 2021

A Policía Local pecha as praias de Ponzos, Santa Comba, Sartaña, Marmadeiro, San Jorge e Penencia tras a aparición de carabelas portuguesas

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol retirou onte varios exemplares e no día de hoxe segue revisando os areais do municipio. As concellerías de Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, e a de Seguridade, da que é titular Germán Costoya, traballan de forma conxunta para coordinar as actuacións que se levarán a cabo


A Policía Local de Ferrol pechou onte o acceso ás praias de Ponzos e Santa Comba e hoxe mesmo o de Sartaña, Marmadeiro, San Jorge e Penencia tras a aparición de carabelas portuguesas nas últimas horas. Tamén sinalizou as entradas con carteis que informan do perigo por tratase dunha especie velenosa. Pola súa banda, a agrupación de voluntarios de Protección Civil revisou na tarde de onte os areais e retirou numerosos exemplares de Ponzos. Hoxe seguen os labores de revisión de praias. As persoas que atopen exemplares poden avisar á Policía Local no número de teléfono 092. 


As concellerías de Medio Ambiente, que dirixe Ana Lamas, e de Seguridade, da que é titular Germán Costoya, traballan de forma conxunta para coordinar as actuacións que se levarán a cabo. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar