Novas

luns, 04 de xaneiro de 2021

O Concello recibe medio millar de xoguetes e libros tras rematar a campaña ‘Navidad para todos’ de Rilo

O alcalde, Ángel Mato, acudiu esta tarde na Praza de Armas á entrega, xunto coa concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, o de Festas e Educación, Antonio Golpe, e Luis Rilo. A agrupación de voluntarios de Protección Civil entregará o material a tres asociacións da cidade


O Concello recibe medio millar de xoguetes e libros tras rematar a campaña ‘Navidad para todos’ de Rilo

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, recibiu esta tarde a última entrega de xoguetes e libros da campaña ‘Navidad para todos’, unha iniciativa de Rilo posta en marcha entre os días 14 e 30 de decembro do pasado ano co fin de recoller material no punto de entrega habilitado na Praza de Armas. O Concello, a través da agrupación de voluntarios de Protección Civil, distribuirá os xogos entre as asociacións Adra Ferrol, Movilidad Humana e Dignidad, que se encargarán de repartir os xoguetes e libros entre as familias vulnerables da cidade. 


O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, o de Festas e Educación, Antonio Golpe, e Luis Rilo. A campaña reuniu medio millar de xoguetes e libros para pequenos de todas as idades. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar