martes, 05 de xaneiro de 2021
O acto de San Xiao do día 7 no Teatro Jofre poderá seguirse a través da web municipal
A distinción de ‘Ferrolán do Ano 2020’ recae nesta ocasión no persoal da Área Sanitaria de Ferrol, tal e como acordaron por unanimidade os grupos municipais en sesión plenaria. Por mor da pandemia este ano estará pechado ao público pero haberá unha retransmisión virtual a través da web https://www.ferrol.gal/Shared/Contidos/94. Acudirá unha representación das corporacións municipais de Ferrol e Lugo, o conselleiro de Sanidade, o xerente da Área Sanitaria de Ferrol e representantes dos homenaxeados

O Teatro Jofre acollerá o próximo xoves, 7 de xaneiro, o acto institucional con motivo da festividade de San Xiao, que este ano por mor da pandemia estará pechado ao público. Poderá seguirse en directo a través da web municipal https://www.ferrol.gal/Shared/Contidos/94.