Novas

martes, 05 de xaneiro de 2021

O prazo para solicitar as axudas para o bonobús universitario remata o día 11

O edil de Educación, Antonio Golpe, lembrou que a documentación se pode presentar no Portal do Cidadá da web municipal e de forma presencial no pazo municipal sen cita previa


O prazo para solicitar as axudas para o transporte diario de estudantes universitarios de Ferrol ás facultades da Universidade da Coruña (UDC) nos campus da cidade herculina para os cursos académicos 2020-2021 e 2021-2022 rematará o día 11 de xaneiro (incluído). Pode presentarse a documentación no Rexistro municipal de forma telemática a través do Portal do Cidadá https://www.ferrol.gal:8443/cividas-core-web-ferrol/ ou de forma presencial no pazo municipal sen cita previa. 


Tal e como lembrou o edil, este bonobús universitario, que serve para financiar o desprazamento de ida e volta no mesmo día dos ferroláns matriculados nas escolas e facultades coruñesas, consiste na bonificación do 50 % do traxecto Ferrol-A CoruñaFerrol correspondente aos períodos de clases sinalados no calendario oficial da universidade. 

Para ser beneficiario é obrigatorio estar empadroado en Ferrol durante todo o curso académico e non superar os limiares de renda recollidos nas bases. Os máximos impoñibles por unidade familiar son os seguintes: para familias de 1 ou 2 membros, 19.000 euros; para as de 3, 21.000; para as de 4, 23.000; para as de 5, 25.000; para as de 6, 27.000; para as de 7, 29.000, e para as de 8, 31.000. 

No caso de que dous irmáns soliciten o bonobús, o primeiro terá dereito, mentres que ao segundo concederáselle sempre que a base impoñible da unidade familiar non supere os 34.000 euros. Se se trata de tres ou máis irmáns, ese límite increméntase ata 49.000 euros. Poden consultarse tanto as bases, a convocatoria das axudas como o documento que hai que cubrir no Taboleiro de Anuncios da web municipal: https://www.ferrol.gal/ Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/497.





Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar