martes, 05 de xaneiro de 2021
A obra do noiro da rúa Loureiro rematará no mes de febreiro
O alcalde, Ángel Mato, e o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, visitaron esta mañá a evolución dos traballos xunto con representantes veciñais do barrio de Santa Mariña. O edil responsable da área constituíu a finais do pasado ano unha mesa de coordinación para levar a cabo a intervención, que desenvolve de forma conxunta Adif e Emafesa

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, visitaron esta mañá a evolución dos traballos no noiro da rúa Loureiro, no barrio de Santa Mariña, que desde hai anos sufría problemas de desprendemento pola falta dun muro de contención.