venres, 08 de xaneiro de 2021
O Concello iniciará o luns os traballos para substituír o chan do parque infantil da praza do Inferniño
A concellería de Servizos e Obras, que dirixe Ana Lamas, tamén iniciará a próxima semana a renovación do solo e do xogo accesible da praza de Sevilla. A intervención en ambos recintos inclúe a retirada do chan amortecedor existente e a colocación dun novo continuo
O Concello de Ferrol vai acometer a próxima semana melloras nos parques infantís das prazas do Inferniño e de Sevilla, tal e como anunciou esta mañá a concelleira de Servizos e Obras, Ana Lamas. O luns, 11 de xaneiro, comezarán os traballos no barrio do Inferniño e a mediados de semana na praza de Sevilla.