Novas

martes, 12 de xaneiro de 2021

Ana Lamas anuncia que as obras para substituír o chan dos parques infantís das prazas do Inferniño e de España rematarán a mediados de febreiro

A concelleira de Obras visitou esta mañá os traballos no parque do Inferniño, que comezaron onte. Esta semana comezarán tamén no recinto para nenos de Praza de España, onde se instalará un novo xogo accesible


Ana Lamas anuncia que as obras para substituír o chan dos parques infantís das prazas do Inferniño e de España rematarán a mediados de febreiro

A concelleira de Obras, Servizos, Obras, Medio Ambiente, Zona Rural e Participación Cidadá, Ana Lamas, anunciou esta mañá que as obras para substituír o chan dos parques infantís das prazas do Inferniño e de España rematarán a mediados de febreiro. A edil visitou hoxe os traballos do primeiro, que comezaron onte, e interesouse pola marcha da intervención. 


As obras en ambos espazos contemplan a retirada do chan amortecedor existente e a colocación dun novo, tamén amortecedor, e de caucho continuo. Terá ademais debuxos de diferentes formas e cores para facer o espazo máis atractivo. 

A edil lembrou que esta mesma semana comezaran tamén os traballos no parque infantil da praza de Sevilla, onde ademais de cambiar o chan se substituirá o xogo accesible por outro tamén inclusivo e accesible e de dimensións e características similares ao actual. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar