mércores, 13 de xaneiro de 2021
A Oficina de Atención ao Cidadán do Concello atendeu o pasado ano 62.085 chamadas, un 62 % máis que en 2019
O edil de Urbanismo e Organización Interna, Julián Reina, deu conta esta mañá en comisión informativa do rexistro de consultas no exercicio da pandemia, cunha media de 255 diarias. A responsable da concellería de Obras, Ana Lamas, informou aos grupos da oposición do número de actuacións desenvolvidas no pasado ano pola cuadrilla municipal, en total 456
O concelleiro de Urbanismo en Organización Interna, Julián Reina, deu conta esta mañá na comisión informativa de Medio Ambiente, Urbanismo, Servizos, Obras, Seguridade e Contratación do número de chamadas telefónicas atendidas pola Oficina de Atención Cidadá (OAC) do Concello de Ferrol no 2020, o ano da pandemia. Rexistráronse un total de 62.085, unhas 255 diarias, o que supón un 62 % máis que no 2019, cando se rexistraron 38.145.