Novas

luns, 01 de febreiro de 2021

O Concello inicia a redacción da guía de recursos comunitarios de Recimil

A edil de Benestar Social, Eva Martínez, recibiu aos alumnos do grao de Enfermería Familiar e Comunitaria que comezan hoxe as súas prácticas no departamento municipal de Servizos Sociais no marco do convenio establecido entre o Concello e o Sergas


O Concello inicia a redacción da guía de recursos comunitarios de Recimil

O Concello de Ferrol inicia a segunda guía de recursos comunitarios dun barrio, neste caso de Recimil, despois de que a finais do pasado ano se presentara a de Caranza. Trátase dun documento que recolle unha relación de opcións que ofrece o barrio para desenvolver prácticas saudables tanto desde o punto de vista sanitario como social co fin de mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Inclúe desde a localización de zonas verdes ata locais con ofertas, gastronómicas, deportivas e sociais, entre outros recursos. 


A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, recibiu esta mañá ao equipo de alumnos do grao de Enfermería Familiar e Comunitaria que hoxe mesmo comezan as súas prácticas no departamento municipal de Benestar Social. Unha das súas funcións será precisamente a elaboración desta guía, ao igual que fixo o curso pasado outro equipo de estudantes no marco do convenio que o Concello ten establecido co Sergas para a realización das prácticas desta titulación. Como parte da súa formación tamén coñecerán en profundidade ás entidades sociais da cidade e os seus recursos co fin de que poidan optimizalos co obxectivo de en conxunto mellorar a calidade de vida no barrio, tal e como explicou a edil. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar