martes, 02 de febreiro de 2021
O prazo para presentar solicitudes ao concurso de 12 prazas de bombeiro abre mañá mércores
O BOE publicou no día de hoxe a convocatoria
O Boletín Oficial del Estado (BOE) publicou hoxe a convocatoria do concurso de 12 prazas de bombeiro condutor pertencentes á escala de Administración especial, subescala auxiliar, grupo C e subgrupo C2. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde mañá e deberá facerse a través do Rexistro Xeral do Concello.
Toda a información está dispoñible no apartado Oferta Pública de Emprego da páxina
web municipal: https://www.ferrol.gal/Sede/OPE.