Novas

martes, 09 de febreiro de 2021

A plataforma de servizo de comida a domicilio para a hostalería de Ferrol ‘Look Eats’, posta en marcha polo Concello, realizou xa máis de 16.120 servizos

A concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus, apuntou que polo momento participan máis de 50 locais. Púxose en marcha a finais do pasado exercicio e no que va de ano se realizaron xa preto de 7.250 entregas


A plataforma de servizo a domicilio para a hostalería de Ferrol ‘Look Eats’, posta en marcha polo Concello no último trimestre do pasado ano como medida de apoio ao sector, realizou desde o seu lanzamento máis de 16.120 servizos, dos que 8.874 se rexistráronse no 2020 e preto de 7.250 no que va de 2021: 5.754 en xaneiro e 1.494 na primeira semana do presente mes de febreiro. 


A concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus, detallou esta mañá que xa son máis de 50 os establecementos de hostalería que forman parte da plataforma municipal e indicou que a incorporación de novos locais es continua. Os interesados poden adherise á ferramenta enviando un correo electrónico a hosteferrol@hosteferrol.org ou chamando ao número de teléfono 981 35 08 92. 

A plataforma ‘Look Eats’ é unha iniciativa integrada no paquete de medidas posto en marcha polo Concello de Ferrol co obxectivo de apoiar a “uns dos sectores máis afectados pola crise económica derivada da pandemia e polas restricións na actividade”, polo que “desde o goberno local estamos a facer todo o que está na nosa man para axudar aos hostaleiros de Ferrol”. Neste punto, a concelleira lembrou que entre as tres convocatorias do plan de axudas PAME —o prazo da terceira permanece aberto ata o día 24— e as bonificacións en taxas e nos recibos de auga e recollida de lixo a contía económica destinada polo Concello ao tecido económico da cidade desde que comezou a pandemia ronda os catro millóns de euros.

Unha ferramenta similar para o comercio 
A concelleira de Promoción Económica explicou que o seu departamento continúa traballando na posta en marcha de medidas dirixidas a impulsar a actividade económica de Ferrol, “máis aínda nesta situación tan complicada”, explicou, na que “os negocios se atopan con moitas dificultades para continuar coa súa actividade”. Un dos proxectos nos que está a avanzar neste momento o Concello é na posta en marcha dunha plataforma similar pero destinada ao comercio, na que se fomente a venda online por parte dos negocios locais. 



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar