mércores, 10 de febreiro de 2021
O Concello instala outra carpa ante o centro de saúde de Caranza para as probas da covid-19
Trátase da segunda estrutura destas características proporcionada pola Administración local tras a colocación a comezos de mes de outra ante o ambulatorio Fontenla Maristany. O edil de Seguridade e Sanidade, Germán Costoya, explicou que se trata dunha mostra máis de que o goberno local “está a poñer todos os seus medios co fin claro de protexer aos nosos veciños”

O Concello de Ferrol instalou na mañá de onte na parte traseira do centro de saúde de Caranza (rúa Cuco Ruíz de Cortázar) unha carpa para acoller a realización de probas da covid-19. Trátase da segunda estrutura destas características que proporciona a Administración local, que a comezos deste mes colocou outra fronte ao ambulatorio Fontenla Maristany, na praza de España.