venres, 19 de febreiro de 2021
O Concello dotará as instalacións deportivas con Plans de Autoproteción
A Administración local vén de adxudicar a elaboración de PAP para o complexo da Malata, FIMO, os pavillóns de Esteiro e Ensanche, o polideportivo Gómez Noia, os campos de fútbol da Gándara, Aneiros e Caranza, os pañois de deportes náuticos da antiga nave da Cabana e a Casa do Deporte. O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, apuntou que aínda que a maioría das instalacións deportivas da cidade non o requiren segundo a lei, o Concello vai implantalos porque considera a seguridade unha “absoluta prioridade”

O Concello de Ferrol vén de contratar a elaboración de Plans de Autoproteción (PAP) para o complexo deportivo da Malata —pavillón e pistas de atletismo, tenis e padel—, as instalacións deportivas de FIMO, os pavillóns de Esteiro e Ensanche, o polideportivo Gómez Noia, os campos de fútbol da Gándara, Aneiros e Caranza, os pañois de deportes náuticos da antiga nave da Cabana e a Casa do Deporte.