Novas

mércores, 07 de abril de 2021

O Grupo de Traballo do Camiño Inglés céntrase na promoción económica da cidade, o seu potencial turístico, cultural e patrimonial e na dinamización da ruta cara aos dous anos xacobeos

As concelleiras María Teresa Deus e Eva Martínez Montero presidiron esta mañá unha nova reunión do equipo, do que forman parte entidades e asociacións veciñais, e acordouse a creación de tres subgrupos de traballo. O obxectivo máis inmediato é o deseño das actividades que terán lugar en Ferrol o 19 de xuño, cando a cidade será anfitrioa da edición deste ano de Primavera no Camiño. Os integrantes teñen de prazo ata o próximo mércores para presentar os seus proxectos


O Grupo de Traballo do Camiño Inglés céntrase na promoción económica da cidade, o seu potencial turístico, cultural e patrimonial e na dinamización da ruta cara aos dous anos xacobeos

O Concello de Ferrol está a traballar na organización das actividades e accións que terán lugar na cidade con motivo dos anos xacobeos 2021 e 2022. Esta mañá as concelleiras de Promoción Económica e Turismo, María Teresa Deus, e a de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, presidiron unha nova reunión do Grupo de Traballo do Camiño Inglés, creado a finais de 2019, antes da chegada da pandemia, co propósito de poñer a punto Ferrol de cara aos anos xacobeos 2021 e 2022. Forman parte do grupo de traballo, ademais do Concello representado nas responsables das áreas, a Dioceses Mondoñedo-Ferrol, a Autoridad Portuaria, a Asociación de Hostalería, a Asociación de Comerciantes A Magdalena, a Empresa Mixta de Turismo, a Asociación do Camiño Inglés, Paferr, Foro Ferrol Vivo, a Asociación cultural Meninas, Fanpa Concepción Arenal e as entidades veciñais dos barrios ferroláns polos que peregrina a ruta xacobea. 


Co propósito de “optimizar os seus recursos e dirixir os esforzos”, apuntou Martínez Montero, esta mañá acordouse a creación de tres subgrupos de traballo: un dedicado á promoción económica e do turismo da cidade coordinado pola concelleira Deus; o segundo centrado na posta en valor do patrimonio e promoción da arte e a cultura, coordinado pola edil Martínez Montero; e un terceiro co propósito de dinamizar, conservar e manter o Camiño Inglés, tamén dirixido pola edil de Patrimonio Histórico.

O propósito máis inmediato, Primavera no Camiño 
O propósito máis inmediato do Grupo de Traballo do Camiño Inglés é a celebración o próximo 19 de xuño da edición deste ano de Primavera no Camiño, da que a cidade será anfitrioa por primeira vez. Para elo xa se está a deseñar as actividades que terán lugar en paralelo ás que organizará ao longo desa xornada a Asociación do Camiño Inglés, organizadora do evento. De feito, o Concello xa anunciou a súa vontade de engadir iniciativas que se desenvolverán tanto o 19 de xuño como os días previos e posteriores en torno ao trazado ferrolán, que inclúen diferentes actividades co fin de dinamizar a ruta e entorno ao seu paso pola cidade. 

Na reunión de hoxe acordouse que os integrantes do grupo de traballo teñen de prazo ata o próximo mércores para presentar as súas iniciativas e proxectos de cara a Primavera no Camiño. 






Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar