xoves, 08 de abril de 2021
O Concello premia a loita contra a violencia de xénero a través da curtametraxe
A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, deu conta esta mañá en comisión informativa dos premiados do I Concurso de Curtametraxes ‘Curta coa violencia de xénero’, organizado polo Concello. O obxectivo do certame municipal é “contribuír á erradicación da violencia de xénero” na sociedade a través dunha “ferramenta formativa e divulgativa”
A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, deu conta esta mañá aos grupos da oposición na comisión ordinaria de Benestar Social, Igualdade, Muller, Xuventude e Patrimonio Histórico dos premiados na primeira edición do concurso de curtametraxes ‘Curta coa violencia de xénero’, celebrado en 2020 con motivo das actividades programadas polo Concello de Ferrol polo 25N ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O obxectivo, explicou Prados, é “contribuír á erradicación da violencia de xénero” na sociedade a través dunha “ferramenta formativa e divulgativa”.