Novas

martes, 01 de xuño de 2021

O Concello contrata durante un ano a outras seis mulleres vulnerables

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, anunciou esta mañá que hoxe mesmo comezaron nos seus novos posto de traballo unha técnico, dúas administrativas e tres conserxes. Supón, dixo a edil, “un respiro nestes momentos tan difíciles e críticos coa chegada da pandemia”


O Concello contrata durante un ano a outras seis mulleres vulnerables

O Concello de Ferrol vén de contratar durante un ano a outras seis mulleres vítimas de violencia de xénero grazas á obtención dunha subvención da consellería de Emprego e Igualdade destinada ao fomento da contratación de mulleres vulnerables no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas.


A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, anunciou esta mañá que hoxe mesmo incorporáronse ao persoal municipal unha técnico, dúas administrativas e tres conserxes. A función da primeira será a de darlle continuidade ao programa que comezou o pasado ano e que está a ser desenvolvido polas seis mulleres contratadas polo Concello a través da subvención anterior. Entre as súas funcións está a posta en marcha de programas de dinamización a través da participación da mocidade e actividades para a prevención da violencia de xénero e a igualdade de oportunidades, entre outras. Como apoio ao perfil técnico están as dúas administrativas mentres que as outras tres persoas van desenvolver tarefas en conserxería, atención telefónica e funcións básicas de organización de arquivos e oficinas, como bedel en centros educativos ou supervisión en actividades extraescolares.

A concelleira Prados indicou que “nos satisfai moito” que este tipo de axudas á contratación “contribúan a dar saída laboral a mulleres vulnerables incrementando ou seu currículo profesional”. Supoñen, dixo, “un respiro nestes momentos tan difíciles e críticos coa chegada da pandemia”.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar