Novas

xoves, 03 de xuño de 2021

O Concello renova bancos e mesas na praia dos Olmos

O departamento de Medio Ambiente está reparando o mobiliario e nos próximos días instalaranse novos elementos. No outro extremo do paseo da Cabana estanse substituíndo as madeiras do valado que se atopaban en mal estado


O Concello renova bancos e mesas na praia dos Olmos

O Concello está levando a cabo estes días traballos de reparación e mantemento na zona da Cabana. Así, nas inmediacións do areal dos Olmos persoal do servizo de xardíns está reparando os bancos e as mesas existentes, e está prevista a instalación de novo mobiliario das mesmas características nos próximos días. 


A concelleira de Medio Ambiente, Ana Lamas, visitou onte a zona verde para comprobar onde se van instalar os novos bancos e mesas achegouse tamén ao outro extremo do paseo, onde se están realizando labores de mantemento do valado de madeira. Estas inclúen a reparación e substitución de postes e traveseiros danados polo paso do tempo. 

A actuación na praia dos Olmos, na que proximamente tamén se van levar a cabo traballos e limpeza, forma parte da planificación de acondicionamento dos areais e dos espazos próximos de cara á tempada estival. Este ano a programación inclúe tamén unha reparación máis ampla en Doniños, onde se ultima a reparación do paseo cun orzamento de case 100.000 euros. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar