Novas

venres, 04 de xuño de 2021

O alcalde e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil firman un convenio de colaboración de 42.000 euros, 12.000 euros máis que no 2020

Ángel Mato e a presidenta, Silvia Chamorro, rubricaron esta semana o documento no salón de plenos do pazo municipal. O rexedor agradeceu o “traballo fundamental” da agrupación “para que todos cheguemos a alcanzar a inmunidade” e resaltou a súa labor desenvolvida durante o estado de alarma. A responsable da AVPC de Ferrol destacou a disposición da Administración local “para axudar á agrupación sempre que o necesitamos, por confiar en nos e por ser o noso respaldo”


O alcalde e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil firman un convenio de colaboración de 42.000 euros, 12.000 euros máis que no 2020

O alcalde, Ángel Mato, e a presidenta da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol (AVPC), Silvia Chamorro, firmaron esta semana un convenio de colaboración para o presente ano 2021 por un importe de 42.000 euros, 12.000 máis que o do pasado exercicio. 


Tras a firma do documento, o rexedor agradeceu “todo o traballo que a agrupación está a facer ao longo deste tempo de pandemia” e resaltou que desenvolve “un labor moi importante cos nosos veciños”. Mato destacou que desde o primeiro momento da crise sanitaria os voluntarios “non deixaron nunca de traballar” e lembrou que “xa realizaron mil servizos de acompañamento e traslado ás persoas que o necesitan para poñer a vacina” da covid-19 nas instalacións municipais de FIMO, no hospital Arquitecto Marcide ou no ambulatorio que corresponda. 

Mato resaltou a súa labor desenvolvida durante o estado de alarma e destacou que “segue facendo un traballo fundamental para que todos cheguemos a alcanzar a inmunidade”, polo que o aumento na contía do convenio, dixo, “está sempre xustificado pero este ano máis que nunca”. Para rematar, o rexedor dixo que o Concello seguirá traballando para mellorar os medios dos voluntarios e “para seguir presumindo dunha agrupación que é exemplar en toda Galicia”. 

Pola súa banda, tras a firma do convenio Chamorro agradeceu ao Concello de Ferrol a súa disposición “para axudar á agrupación sempre que o necesitamos, por confiar en nos e por ser o noso respaldo” e valorou que “sempre que pedimos algo a resposta é un si”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar