Novas

martes, 08 de xuño de 2021

O Concello reparará a carpintería e o chan dos accesos ao aparcamento da peixería dende a rúa da Igrexa

A concelleira de Obras, Ana Lamas, explicou que se substituirán os policarbonatos das entradas superiores por outros novos, as rellas de ventilación, limpiaranse e pintaranse as carpinterías e as pintadas existentes, as luminarias e repoñeranse unhas lousas de granito nas entradas superiores


O Concello de Ferrol vai reparar a carpintería e o chan dos accesos ao aparcamento anexo á peixería do mercado municipal da Magdalena dende a rúa da Igrexa cun orzamento de 13.227,14 euros sen impostos, tal e como anunciou esta mañá a concelleira de Obras, Ana Lamas.


A edil explicou que se substituirán os policarbonatos das entradas superiores ao estacionamento pola rúa Igrexa por outros novos, as rellas de ventilación, limparanse e pintaranse as carpinterías e as pintadas existentes, as luminarias e repoñeranse unhas lousas de granito nas entradas superiores.

Lamas explicou que con esta actuación se trata de ampliar a intervención de renovación que o Concello está a executar nos accesos ao estacionamento, onde xa se executaron diversos traballos de pintado.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar