Novas

xoves, 10 de xuño de 2021

O Concello comeza as obras de repavimentación e mellora do carril bici da avenida de Esteiro, que ampliará ata as Angustias

A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, apuntou que os traballos iniciáronse esta mañá e afectan ao tramo que chega ata a avenida de Vigo


O Concello comeza as obras de repavimentación e mellora do carril bici da avenida de Esteiro, que ampliará ata as Angustias

O Concello de Ferrol iniciou esta mañá as obras de repavimentación e mellora do actual carril bici da avenida de Esteiro, incluídas no POS 2018 da Deputación da Coruña, no tramo comprendido entre as rúas Zurbarán e Fernando VI coa avenida de Vigo, a ambos lados de Esteiro. A actual intervención do Concello supón ademais ampliar o trazado respecto ao deseño actual posto que o carril bici se amplía un tramo máis, de arredor de 60 metros, no tramo entre a rúa Zurbarán e As Angustias. 


Os traballos, que contaban cun orzamento de 91.234,30 euros, foron adxudicados finalmente por 66.947,63 (impostos incluídos), e teñen un prazo de execución dun mes. Esta actuación responde á necesidade de garantir a durabilidade do carril bici, polo que se adoitou como solución pavimentalo con formigón armado con maia de ferro, tal e como explicou a edil de Obras, Ana Lamas. Terá un grosor de 15 centímetros e o acabado consistirá no fratasado e pulido do material. A adxudicataria ofreceu unha garantía de cinco anos. 

Previamente a estres traballos, levaranse a cabo demolicións no firme actual, que poden afectar ás vías próximas e zonas axardinadas, pero en todo caso serán repostas. Pola súa banda, as tapas de pozos e arquetas de servizos como o saneamento ou o abastecemento de auga colocaranse á nova cota e posteriormente acometerase a sinalización viaria horizontal, que consistirá en marcas continuas retrorrefrectantes de 15 centímetros de ancho.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar