Novas

xoves, 01 de xullo de 2021

O Concello activa un número de teléfono para informar do estado do mar, do vento, da bandeira e da afluencia nas praias con socorristas durante xullo e agosto

O edil de Seguridade, Germán Costoya, informou esta mañá de que desde hoxe mesmo se pode chamar ao número 606 771 365. Apuntou que se trata dun servizo “totalmente novo na nosa cidade” co que se pretende “facilitar aos veciños o seu acceso á información durante a actual tempada de verán”


O Concello vén de activar hoxe mesmo un número de teléfono ao que a cidadanía pode chamar para informase do estado do mar, do vento, da bandeira e da afluencia de xente nas nove praias da cidade que desde finais do pasado mes contan con servizo de vixilancia: Caranza, Doniños, A Fragata-El Vilar, San Xurxo, Esmelle, Penencia, Santa Comba-Marmadeiro, Ponzos e A Graña. 


O edil de Seguridade, Germán Costoya, indicou esta mañá que o número es o 606 771 365, do servizo de socorrismo do departamento de Seguridade do Concello de Ferrol, ao que se pode chamar desde hoxe mesmo, de 12 a 20 horas, de luns a domingo durante os meses de xullo e agosto.

Trátase, dixo o concelleiro, “dun servizo totalmente novo na nosa cidade co que desde o goberno local queremos facilitar aos veciños o seu acceso á información do estado das praias durante a actual tempada de verán”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar