Novas

venres, 02 de xullo de 2021

O Concello celebrará un obradoiro de tinguidura téxtil para mozos desde os 14 anos

A concelleira de Xuventude, Cristina Prados, anunciou que haberá 20 prazas, en grupos e 5, e o prazo de inscrición comeza o luns, 5 de xullo. O ciclo de ‘Aprende Tie Dye’ desenvolverase o día 15 de xullo, de 9 a 14h, na Casa da Xuventude e no centro cívico de Canido


O Concello celebrará un obradoiro de tinguidura téxtil para mozos desde os 14 anos

O Concello de Ferrol vai celebrar o próximo 15 de xullo un novo obradoiro de balde dirixido á xente nova da cidade. A concelleira de Xuventude, Cristina Prados, anunciou esta mañá que o 15 de xullo terá lugar o ciclo ‘Aprende Tie Dye’, de tinguidura téxtil, para veciños empadroados en Ferrol de 14 a 30 anos. Desenvolverase de 9 a 14 horas na Casa da Xuventude e no centro cívico de Canido. Ofértanse 20 prazas, 5 en cada grupo. 


O prazo de inscrición abre o próximo luns, 5 de xullo, e remata o día 12, ambos incluídos. A presentación de solicitudes debe ser a través do Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ou en calquera dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015. A selección dos participantes será por rigoroso orde de entrada no rexistro municipal. O formulario de inscrición atópase no Taboleiro de Anuncios da web municipal, no enlace https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/taboleiro/InscricionObradoiroTinguiduraT extil.pdf

A concelleira apuntou que este obradoiro, que se celebra o Día Mundial das Habilidades da Xuventude, “forma parte do programa de actividades de dinamización e participación co fin de promover e potenciar a creatividade como punto de encontro entre os mozos e mozas da nosa cidade”. O fin, dixo, é potenciar “unha convivencia e integración sociocultural adecuada e saudable entre rapaces e rapazas”. Prados indicou que o Concello proporcionará todo o material necesario para o desenvolvemento do obradoiro.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar