Novas

mércores, 07 de xullo de 2021

Corte na subministración de auga na estrada de Pazos por unha reparación na rede de abastecemento

A interrupción terá lugar mañá xoves de 9 a 14 horas


A Empresa Mixta de Augas de Ferrol, Emafesa, informa que debido á necesidade de realizar traballos de reparación na rede de abastecemento de auga no número 108 da estrada de Pazos, motivados por unha avaría na rede, é preciso realizar un corte na subministración de auga potable. A zona afectada será a mesma estrada mañá, 8 de xullo, de 9 a 14 horas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar