Novas

mércores, 07 de xullo de 2021

A nova iluminación led da estrada de Pazos supón un aforro no consumo de enerxía dun 28 %

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, comprobou esta mañá xunto a técnicos municipais e representantes da empresa que executou a ampliación da vía o bo resultado do novo terrizo da beirarrúa. O Concello aumentou nun 40 % os puntos de luz na estrada ao pasar de 15 a 21, o que “mellora de xeito significativo a calidade luminica da vía”, explicou o edil


A nova iluminación led da estrada de Pazos supón un aforro no consumo de enerxía dun 28 %

 A renovación da iluminación pública na estrada de Pazos que o Concello vén de executar no marco das obras de ampliación da vía supón á Administración local un aforro no consumo enerxético dun 28 %. O proxecto, recentemente rematado, incluíu a substitución das luminarias existentes por outras de tecnoloxía led, o que conlevou pasar dun consumo de 1.050 watios acumulados a 756. 


A modernización da iluminación supuxo tamén “mellorar de xeito significativo a calidade lumínica da vía”, explicou o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, posto que aumentouse nun 40 % o número de puntos de luz, ao pasar de 15 a 21. 

O edil percorreu esta mañá a estrada acompañado por técnicos municipais e representantes da empresa que executou as obras para supervisar o estado do novo terrizo das beirarrúa, sobre todo despois dos días de choiva das últimas datas, “e comprobamos que se atopa en moi boas condicións, está funcionando moi ben”, apuntou Reina. O concelleiro lembrou que coa execución desta obra “imos logrado cambiar a tipoloxía da estrada e dar ao peón máis protagonismo fronte aos vehículos coas novas beirarrúas e a nova iluminación”. 

O fin da intervención era “mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria” nun tramo de 540 metros, entre o cruce coa DP-3603 e a ponte sobre o río da Sardiña, “dando así resposta a unha demanda veciñal”. Ampliouse a plataforma da estrada para dotala dun espacio “diferenciado e seguro” para o tránsito peonil pola marxe esquerda e enterráronse os servizos baixo a beirarrúa para substituír o entramado aéreo. Tamén se renovou o mobiliario urbano e instalouse unha varanda para a protección dos viandantes.





Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar