Novas

venres, 09 de xullo de 2021

A rúa Alonso López volverá a ser peonil durante os meses de verán

O edil de Tráfico, Germán Costoya, apuntou que existen alternativas á circulación polas rúas Poeta Pérez Parallé, Atocha e Riego, que comunican Canido cos barrios da Magdalena e Ferrol Vello


A rúa Alonso López, o tramo comprendido entre a praza do Cruceiro de Canido e o cruce coas rúas Muíño do Vento e Estrela, no barrio de Canido, volverá a pecharse ao tráfico rodado durante o verán, ao igual que sucedeu o pasado ano, co fin de aumentar o espazo destinado para o peón. 


O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, vén de firmar o decreto polo que dito tramo vai ser peonil desde esta fin de semana sen xerar maior perxuizo para os usuarios do entorno posto que existen alternativas á circulación polas rúas Poeta Pérez Parallé, Atocha e Riego, que comunican Canido cos barrios da Magdalena e Ferrol Vello. Os residentes poderán acceder desde a rúa Insúa. 

O edil explicou esta mañá que a peatonalización de Alonso López durante o verán “vai permitir aos establecementos de hostalería da Praza do Cruceiro de Canido aproveitar mellor o espazo ao tempo que permite aumentar as distancias entre persoas e, polo tanto, sumar esforzos na loita contra a pandemia”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar