Novas

luns, 19 de xullo de 2021

O Concello remata o obradoiro en novas tecnoloxías para o colectivo migrante da cidade

O plan ‘Acompáñote na túa viaxe’ desenvolveuse en colaboración coa asociación Mobilidade Humana


O Concello de Ferrol vén de rematar o obradoiro en novas tecnoloxías para o colectivo migrante da cidade que comezou no mes de marzo. A concellería de Benestar Social, que dirixe Eva Martínez Montero, deseñou o programa ‘Acompáñote na túa viaxe’, que se desenvolveu en colaboración coa asociación Mobilidade Humana co fin de formar ao colectivo migrante no uso das novas tecnoloxías. O plan xurdiu tras coñecer os resultados dunha enquisa desenvolvida pola entidade que arroxou datos como que o 30 % non ten ordenador, o 47 % descoñece o certificado dixital ou que o 56 % non sabe solicitar cita online para o padrón. 


A edil explicou que a estes datos se suma “o aumento da brecha dixital que quedou patente con motivo da pandemia, posto que agora moitos dos trámites que debemos facer na nosa vida diaria teñen que ser telemáticos”, polo que desde o Concello “consideramos importante ofrecer obradoiros para, por unha banda proporcionar formación en novas tecnoloxías, algo fundamental hoxe en día, e por outra, ofrecer asesoramento e tamén medios —ordenador e wifi— para levar a cabo as súas propias xestión”. 

O programa desenvolveuse nas dependencias municipais da Casa Solidaria e en centros cívicos da cidade e del gozaron 15 persoas de entre 35 e 68 anos. Durante a formación observouse que moitos dos usuarios comezaron o obradoiro sen saber manexar as ferramentas para deseñar os seus currículos e presentaban dificultades para facer trámites online. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar