Novas

martes, 20 de xullo de 2021

O Concello recibe aos árbitros ferroláns que ascenderon de categoría

O alcalde, Ángel Mato, apuntou que a canteira de árbitros de Ferrol “sempre se destacou por aportar talento ao voso difícil cometido”


O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presidiu esta mañá a recepción oficial do Concello aos árbitros ferroláns de fútbol e fútbol sala que ascenderon de categoría e ao delegado do Colexio de Árbitros en Ferrol, Juan Manuel Díaz Vidal. Acudiron tamén voceiros e concelleiros de todos os grupos municipais. 


Durante a súa intervención, o rexedor apuntou que a canteira de árbitros de Ferrol “sempre se destacou por aportar talento ao voso difícil cometido”. Boa mostra disto, dixo, “é que temos hoxe entre nos xente moi nova que promete grandes éxitos”. 

O alcalde referiuse a Roberto Pena, que “con só 16 anos ascende este ano á Terceira División de fútbol sala como asistente”. Esa precocidade, resaltou, “augura un gran porvir”. Mato desexoulles “os maiores éxitos” e “vervos de novo no pazo municipal en vindeiros anos para comprobar como ides superando etapas. Estou convencido de que entre vós hai futuros árbitros das categorías máis altas tanto do fútbol coma do fútbol sala”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar