Novas

mércores, 21 de xullo de 2021

O Concello inicia a reparación de lousas do barrio da Magdalena

A edil de Obras, Ana Lamas, apuntou que nas reposicións “empréganse materiais de idéntica ou mellor calidade”


O Concello inicia a reparación de lousas do barrio da Magdalena

O Concello de Ferrol vén de iniciar a reparación e colocación de pedras e lousas que se atopan soltas ou afundidas, a reposición das rotas e traballos de seguridade en distintos puntos do barrio da Magdalena. 


A actuación inclúe tamén intervir en arquetas, bolardos, bordos ou lastras e reparar zonas afundidas. Os espazos nos que se está a intervir sinalízanse con valados. A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, apuntou que desde o Concello “non se deixa de avanzar no acondicionamento da cidade” e lembrou que o novo servizo de mantemento de infraestruturas viarias se atopa xa nas derradeiras fases do procedemento de licitación, co que poderá entrar en funcionamento próximamente. 

Nas reposicións, dixo, “empréganse materiais de idéntica ou mellor calidade que os existentes, tendo coidado en igualar no posible as dimensións, texturas, cor e demais características”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar