Novas

venres, 23 de xullo de 2021

O Concello xa recibiu máis de 550 chamadas ao teléfono activado este verán para informar do estado do mar, do vento, da bandeira e da afluencia nas praias con socorristas

O edil de Seguridade, Germán Costoya, lembrou que se pode chamar ao número 606 771 365 de luns a domingo de 12 a 20h. Apuntou que o novo servizo pretende “facilitar aos veciños o seu acceso á información durante a actual tempada de verán”


O Concello xa recibiu máis de 550 chamadas ao teléfono activado este verán para informar do estado do mar, do vento, da bandeira e da afluencia nas praias con socorristas

O Concello de Ferrol recibiu xa máis de 550 chamadas ao número de teléfono habilitado este verán para informar á cidadanía do estado do mar, do vento, da bandeira e da afluencia de xente nas nove praias da cidade que desde finais do pasado mes de xuño contan con servizo de vixilancia: Caranza, Doniños, A Fragata-O Vilar, San Xurxo, Esmelle, Penencia, Santa Comba-Marmadeiro, Ponzos e A Graña. 


O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, lembrou esta mañá que o número é o 606 771 365, do servizo de socorrismo do departamento de Seguridade do Concello de Ferrol, ao que se pode chamar de 12 a 20 horas de luns a domingo durante os meses de xullo e agosto. Trátase, dixo, “dun servizo totalmente novo na nosa cidade co que desde o goberno local queremos facilitar aos veciños o seu acceso á información do estado das praias durante a actual tempada de verán”. 

En concreto, das 552 chamadas recibidas desde o 2 de xullo ata onte mesmo, 148 foron para solicitar información do estado da praia de Outeiro; 107 de Cobas; 78 sobre o areal de Xan Xurxo; 59 por Esmelle; 54 por Santa Comba; 31 sobre Ponzos; 14 pola praia de Caranza; 7 por A Graña e 3 para solicitar información da de Penencia. Outras 13 chamadas foron para coñecer o estado doutras praias, 13 tamén para outros asuntos e 25 para pedir asistencia sanitaria.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar