Novas

venres, 23 de xullo de 2021

O servizo de bombeiros contará proximamente con outro camión con escada

A Mesa de Contratación Permanente do Concello formulou na sesión celebrada esta mañá unha proposta de adxudicación


A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol celebrada esta mañá propuxo para adxudicación a subministración dun vehículo autoescaleira para o servizo de extinción de incendios. O importe da licitación é de 250.000 euros. Unha vez a empresa proposta aporte a documentación requirida pola Administración local, a Mesa avaliará os informes e formalizarase o contrato. 


O novo vehículo servirá para tarefas de extinción de incendios e salvamento nun rango de alturas de ao menos 30 metros. A escaleira estará formada por diversos tramos despregables, de accionamento hidráulico, sobre unha base xiratoria. No seu extremo haberá unha cesta desmontable apta para tres persoas. 

A empresa adxudicataria formará ao persoal do servizo municipal de extinción de incendios na correcta utilización e mantemento do vehículo e os seus equipo durante ao menos cinco xornadas teórico-prácticas e subministrará os repostos necesarios ao longo dun mínimo de cinco anos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar