Novas

martes, 03 de agosto de 2021

Corte de auga na zona da Malata o xoves pola tarde

A interrupción na subministración terá lugar de 16 a 21 horas


A empresa Mixta de Augas de Ferrol (Emafesa) informa que debido á necesidade de realizar traballos de reparación na rede de abastecemento de auga no Sexto Pino-A Malata, motivados por unha avaría na rede, é preciso realizar un corte na subministración de auga potable o próximo xoves, 5 de agosto, de 16 a 21 horas. A zona afectada será o entorno de O Sexto Pino-A Malata e a Avenida 19 de Febreiro, dende o Sexto Pino ata o cruce de Os Corrais.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar