Novas

martes, 07 de setembro de 2021

O Concello inaugura no centro municipal Torrente Ballester a exposición ‘Rojo’

O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, visitou esta mañá a mostra de Marta Aguado e Sandra Rego, que reflicte a través de ilustracións e texto o papel da muller na sociedade occidental actual


O Concello inaugura no centro municipal Torrente Ballester a exposición ‘Rojo’

O Concello de Ferrol inaugurou esta mañá unha nova exposición no centro municipal Torrente Ballester. O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, acudiu hoxe á inauguración de ‘Rojo’, un traballo conxunto da ilustradora Marta Waterme (Barcelona) e a xornalista Sandra Rego (Ferrol) que reflicte a súa interpretación do que se significa ser muller na sociedade occidental actual. 


A exposición poderá visitarse ata o 26 de setembro e está formada por 10 ilustracións, cada unha con texto. A mostra complétase coa proxección dunha peza audiovisual creada para a ocasión. 

Tras percorrer a mostra, o concelleiro felicitou ás artistas polo seu traballo e lembrou o apoio do Concello aos artistas mozos. O horario de visitas ao centro municipal durante o mes de setembro é de martes a sábado, de 11h a 14h e de 19 a 21 horas. Os domingos, de 11 a 14h. Luns, pechado. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar