Novas

mércores, 08 de setembro de 2021

Aberto o prazo para as empresas interesadas en obter a certificación de calidade Sicted

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus, indicou que se poderán presentar candidaturas ata o día 13 de setembro


Aberto o prazo para as empresas interesadas en obter a certificación de calidade Sicted

Xa está aberto o prazo presentación de candidaturas para a inclusión de cinco novas empresas da cidade na certificación Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos). Poderán facelo a través do correo electrónico mlopezturismo@ferrol.es antes do día 13 de setembro, tal e como indicou a concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus. O certificado, promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), está enfocado a mellorar a calidade dos destinos e entidades enmarcadas no sector turístico. 


Ferrol mantén deste modo a súa aposta pola “calidade e a mellora dos servizos apoiando ás empresas e entidades que operan no territorio”. A certificación, promovida pola secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), traballa con empresas e servizos turísticos de ata 32 oficios e subsectores. Actualmente Ferrol ten 31 empresas distinguidas de 11 oficios diferentes: oficina de turismo, restaurantes, bares e cafeterías, empresas de ocio e turismo activo, axencias de viaxes, organizadores de congresos, hoteis, empresas de transportes, taxis, guías de turismo, comercios, museos e turismo industrial. O obxectivo final deste proxecto, que leva nove anos en Ferrol, é aumentar a experiencia e satisfacción de turistas e visitantes ademais de axudar ás empresas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar