Novas

sábado, 11 de setembro de 2021

O Concello reforza o servizo de limpeza nos colexios públicos por mor da covid

A concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, anunciou que o obxectivo é “garantir a desinfeccións nos centros escolares e, por tanto, a seguridade dos menores”


O Concello de Ferrol vai reforzar ao longo deste curso escolar a limpeza nos colexios públicos da cidade por mor da covid co fin de protexer aos menores e garantir a desinfección nas instalacións, tal e como anunciaron esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, e o de Educación, Antonio Golpe. 


A edil explicou que se trata dunha acción coordinada entre ambas concellerías co fin de “prestar a mellor atención aos nosos escolares. Queremos garantir a desinfeccións nos centros e, por tanto, a seguridade dos menores”. Tendo en conta a evolución da pandemia, dixo, segue sendo “unha prioridade para este goberno manter o reforzo da limpeza nos centros”. O servizo conta cun orzamento de 14.276,79 euros. 

A concelleira lembrou que a limpeza e desinfección nos colexios inclúe o mobiliario escolar, as superficies de contacto tanto nas aulas como no resto de espazos, os aseos e todas as zonas comúns. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar