Novas

sábado, 11 de setembro de 2021

O Concello adaptará a oferta de actividades extraescolares á situación covid con grupos burbulla

O concelleiro de Cultura e Educación, Antonio Golpe, apuntou que a próxima semana se enviará aos centros a listaxe de materias dispoñibles


O Concello de Ferrol vai propoñer aos dez CEIP da cidade —A Laxe, Cruceiro de Canido, Esteiro, Isaac Peral, Juan de Lángara, Manuel Masdías, Pazos, Ponzos, Recimil e San Xoán de Filgueira— para este curso escolar unha relación de actividades extraescolares adaptadas á situación covid que se desenvolverán en grupos burbulla co fin de “manter a coherencia respecto ao protocolo que se leva a cabo nas aulas e seguindo a última normativa covid”, tal e como informou esta mañá o concelleiro de Cultura e Educación, Antonio Golpe. 


A concellería enviará a próxima semana ás directivas dos dez centros a listaxe de actividades extraescolares dispoñibles para que cada colexio seleccione —en función do seu espazo dispoñible e preferencias— cal se ofertará para cada grupo burbulla, que deberá ter un mínimo de cinco alumnos. 

O concelleiro apuntou que, tendo en conta a evolución da pandemia, “queremos ofrecer aos nosos escolares e ás súas familias un entorno seguro” e lembrou que as actividades comezarán nos ceip da cidade no mes de outubro.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar