Novas

xoves, 16 de setembro de 2021

O Concello desenvolverá un plan formativo para desempregados sobre atención sociosanitaria, matemáticas, lingua galega e castelán

A concelleira de Promoción Económica, Recursos Humanos e Emprego, María Teresa Deus, informou que se levarán a cabo cunha subvención autonómica que ascende a 108.975 euros


O Concello de Ferrol vai desenvolver un plan formativo que inclúe catro especialidades dirixido a persoas desempregadas da cidade no marco da subvención que vén de recibir por parte da consellería de Emprego e Igualdade do goberno autonómico de 108.975 euros, tal e como anunciou esta mañá a concelleira de Promoción Económica, Recursos Humanos e Emprego, María Teresa Deus. 


A edil indicou que serán catro ciclos formativos de balde nas seguintes materias: atención sociosanitaria a persoa dependentes en institucións sociais —que contará con dúas edicións e incluirá prácticas non laborais en empresas ademáis de formación, en total 936 horas—, matemáticas (138 horas), lingua galega (38 horas) e lingua castelá (138 horas). Para cada acción formativa ofertaranse 15 prazas e os ciclos desenvolveranse no Centro de Emprego de Ferrol. 

A responsable de Emprego informou que o programa dará comezo unha vez estea seleccionado tanto o profesorado como o alumnado. “A posta en marcha deste programa”, dixo, “é un paso máis deste goberno para contribuír á creación de emprego a través da formación”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar