Novas

luns, 20 de setembro de 2021

O Concello colabora con Asarga no Día Nacional do Sarcoma

As concelleiras de Promoción Económica, María Teresa Deus, a de Benestar Social, Eva Martínez Montero, e a deputada provincial Ana Lamas acudiron esta mañá á apertura da mesa informativa instalada pola asociación fronte ao Casino Ferrolán


O Concello colabora con Asarga no Día Nacional do Sarcoma

O Concello de Ferrol colaborou esta mañá coa Asociación Sarcomas de Galicia (Asarga) no labor de divulgación da enfermidade no Día Nacional do Sarcoma. As concelleiras de Promoción Económica, María Teresa Deus; a de Benestar Social, Eva Martínez Montero; e a deputada provincial Ana Lamas acudiron esta mañá á apertura da mesa informativa instalada pola asociación fronte ao Casino Ferrolán, na rúa Real, co fin de concienciar e divulgar o labor da entidade. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a afectados dando soporte asistencial, habitacional, psicolóxico e de asistencia social ás persoas que padecen a enfermidade a aos seu familiares co fin de mellorar a súa calidade de vida e as súas perspectivas sociosanitarias. 


María Teresa Deus agradeceu esta mañá o labor que desenvolve Asarga e apuntou que fai “un gran traballo” coas persoas “que un día se atopan co diagnóstico dun sarcoma, unha enfermidade rara que só conta con seite centros especializados en España con grupos multidisciplinares que tratan esta tipo de cancro”. A edil explicou que o obxectivo é que os veciños de Ferrol afectados coñezan o labor da entidade e acudan a ela en caso de necesitalo. Pola súa banda, a presidenta da entidade, Iara Mantiñán, explicou que se trata dun cancro que “afecta a moita xente moza” e indicou que a asociación naceu para “asesorar aos pacientes, xestionar teleconsultas con hospitais especializados, dar visibilidade a este tipo de cancro e evitar que ningún paciente con sarcoma se sinta só”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar