Novas

venres, 01 de outubro de 2021

O Concello constitúe a Mesa da Memoria Histórica

A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, presidiu o novo órgano, que se reunirá trimestralmente


O Concello constitúe a Mesa da Memoria Histórica

O Concello de Ferrol constituíu a pasada semana a Mesa da Memoria Histórica, un novo órgano cuxa creación aprobouse por acordo plenario en verán e que preside a concelleira de Patrimonio Histórico e Benestar Social, Eva Martínez Montero. A edil apuntou que na sesión da pasada semana se acordou “seguir avanzando na tramitación da execución dun monumento ás vítimas do franquismo, unha petición recollida en diversas mocións presentadas no pleno municipal”, apuntou a edil. Acordouse manter reunións cada tres meses “para entre todos traballar en que este obxectivo sexa unha realidade o antes posible”. É unha das primeiras accións no cumprimento da lei de Memoria Democrática, explicou. 


Forman parte da mesa un representante de cada grupo político no Concello e membros das Asociación Memoria Histórica Democrática e a Comisión Promemorial polas Vítimas do Franquismo. 

A edil explicou que no mes de agosto o Concello “solicitou unha subvención de 50.000 euros ao Goberno central a través dunha liña de axudas para a lei de memoria democrática no ámbito da dignificación das vítimas para desenvolver a iniciativa” e apuntou que o compromiso do goberno local é “dar cumprimento a este proxecto”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar