Novas

luns, 04 de outubro de 2021

Proposta para adxudicación a iluminación de Nadal para os próximos dous anos

O importe da oferta gañadora é de 302.258 euros con IVA, o que supón 151.129 por campaña, “a cifra máis elevada dos últimos anos”, apuntou o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina


Proposta para adxudicación a iluminación de Nadal para os próximos dous anos

A Mesa de Contratación Permanente do Concello de Ferrol celebrada esta mañá no pazo municipal propuxo para adxudicación a instalación e desinstalación da iluminación ornamental das campañas de Nadal de decembro 2021- xaneiro 2022 e decembro 2022-xaneiro 2023, tal e como informou ou concelleiro de Urbanismo e presidente da mesa, Julián Reina. Finalmente, o importe de adxudicación ascende a 302.258 euros con impostos, o que supón 151.129 por campaña, “a cifra máis elevada dos últimos anos”, apuntou. O contrato inclúe iluminación tanto en distintos barrios da cidade como no rural. No centro haberá 127 arcadas e iluminaranse 6 árbores da Praza do Callao; 30 arcos en Catabois e dúas rotondas iluminadas; preto de 70 na zona de Ultramar e estrada de Castela; seis árbores no Inferniño e 14 motivos de Nadal arredor da praza; 5 arcadas e 13 motivos en columnas na avenida Castelao, no barrio de Caranza; en Canido iluminaranse 14 árbores, haberá sete motivos na rúa Alegre e 3 na praza que da nome ao barrio; Esteiro contará con 12 motivos en columnas de iluminación pública e varias tiras de led na zona verde e tamén se colocará iluminación na asociación de veciños de San Xoán e en árbores da praza. 


Ademais dos tradicionais arcos, o edil explicou que outros puntos principais da cidade de paso de poboación contarán con motivos, como a praza Rosalía de Castro, cunha antuca de luz, a Praza de Amboage, a de España, o Cantón de Molíns e a Praza do Cruceiro de Canido. A toda esta iluminación sumaranse, ao igual que outros anos, os motivos de Nadal propiedade do Concello de Ferrol. Será unha iluminación, dixo Reina, “coa que queremos dinamizar a cidade ao tempo que chegar aos barrios”. O contrato inclúe tamén a instalación de 80 unidades entre motivos e arcadas na zona rural.

O nacemento do Concello, na Praza de Armas 
Na Praza de Armas ademais colocaranse outros 25 adornos para instalar nas ventás frontais da fachada do pazo municipal e unha tarima cuberta de céspede artificial para instalar o nacemento municipal. 

O concelleiro e voceiro municipal tamén indicou que a continuación do pleno ordinario de setembro, que se interrompeu preto das tres da tarde, terá lugar o próximo mércores, 6 de outubro, ás 19 horas.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar